La gran transformación tecnológica y social de las agriculturas ibéricas: viejos, nuevos y novísimos paradigmas. 1950-2000

Lourenzo Fernández Prieto (IP) e Miguel Cabo Villaverde (IP)

Entidad financiadora: Programa estatal de fomento de la investigación científica y técnica de excelencia - Subprograma estatal de generación de conocimiento. Gobierno de España

Presupuesto: 44.770 euros

Duración: 01/01/2014 – 31/12/2016

Resumen

Neste proxecto queremos estudar o período dos grandes cambios estruturais do mundo rural ibérico, no que se produce o fin da agricultura “tradicional” e a destrución da sociedade rural “tradicional”. Novas formas de produción e organización ábrense paso en poucos anos dunha forma rotunda e abrupta na paisaxe posterior á guerra, no marco da desarticulación do pluralismo e a constatación do fracaso das políticas autárquicas de matriz fascista na posguerra europea despois de 1945 e ante unha posible crise ambiental das formas de produción orgánica.

No período escollido apréciase o abandono da autarquía intervencionista, o desenvolvemento da revolución verde en toda  a súa complexidade (políticas agrarias e tecnolóxicas, mercantilización da agricultura, cambio social e cultural, etc.)e o punto de chegada actual da gran transformación; así como o fin dese modelo cuestionado polas novas propostas da sustentabilidade para garantir a seguridade alimentaria e a sustentabilidade planetaria.

A aparente capacidade para rematar coa agricultura orgánica e destruír a sociedade rural tradicional requiriu dun esforzo sen precedentes do Estado e do mercado, co despliegue de potentes políticas tecnolóxicas e a colaboración das ciencias sociais na construción do paradigma da modernización. El final do proceso que observamos no presente (2000) e a capacidade de resiliencia apreciada e atribuída ao mundo rural europeo, obriga a unha revisión crítica en termos históricos. Por outra parte, so nesta segunda década do s. XXI empezamos a ter capacidade para abordar esta tarefa desde o punto de vista da análise histórica con novas preguntas. En todo caso, o presente e os seus problemas esixe a revisión do pasado que críamos coñecer. Identificar e poder desagregar o novo e o vello é unha das posibilidades que ofrece este proxecto.
A diferente evolución das agriculturas ibéricas en termos físicos e políticos constitúe unha vía de indagación e comparación que sabemos que ofrece notables resultados interpretativos e explicativos.