Roque Sanfiz Arias

Roque Sanfiz Arias

Contratado FPI
curriculum

ORCID ID: 0000-0002-9453-9730

 

Roque Sanfiz Arias (Fene, 1996) é graduado en Historia (2018, USC) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (UAB, 2019), ademais de contratado FPI. Foi premio á calidade lingüística na área de Humanidades polo seu TFG titulado: Febre no campo. Fútbol en Fene até 1936, que en 2019 sería publicado no volume 39 da Revista Murguía.

 

Na actualidade cursa o doutoramento en Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. A investigación busca afondarnos diferentes modelos de cambio tecnolóxico que se desenvolveron na agricultura galega no século XX.

 

Ten publicado sobre outros aspectos da historia social da Galicia contemporánea, en especial do desenvolvemento do proceso de introducción do deporte: DOMÍNGUEZ ALMANSA, Andrés, SANFIZ ARIAS, Roque y RIVEIRO-RODRÍGUEZ, Tania (2021): «Deporte, educación, violencia: outra perspectiva do proceso civilizador (Galicia, 1890-1936)» en Miguel CABO VILLAVERDE y Francisco José LEIRA-CASTIÑEIRA (eds.): A xustiza pola man. Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea. Vigo: Xerais, pp. 217-241.

 

Outras publicación son: SANFIZ ARIAS, Roque (2022): “Joaquín Pérez Domínguez: Medio século nun arquivo fotográfico familiar, Mazarelos: revista de Historia e Cultura, 7, pp. 14-22.; SANFIZ ARIAS, Roque (2020): "Castelao en Fene? Apuntes sobre o galeguismo local", Mazarelos: revista de Historia e Cultura,, 1, pp. 29-38. e RODÍGUEZ MARTÍNEZ, D. Miguel, SANFIZ ARIAS, Roque e MARTÍNEZ TORRES, Mateo (2020): "Mazarelos e a divulgación da Historia e das Humanidades",Sémata. 32, pp. 437-440.

 

Forma parte do consello editorial da revista Mazarelos.

messages.latest-publications