Telmo Otero Rodríguez

Telmo Otero Rodríguez

Doutor en Historia Contemporánea
curriculum

ORCID: 0000-0002-9920-4825

 

Telmo Otero Rodríguez (Sober,1991) Grao en Historia (2013), Máster en Historia Contemporánea (2014) e Máster en Planificación e Desenvolvemento Territorial (2015) e doutor en Historia Contemporánea (2022) coa tese  Os vectores do cambio estrutural das agriculturas atlánticas ibéricas: moto-mecanización e especialización leiteira. 1920-2000.

 

Participou nas últimas edicións dos congresos e seminarios máis destacados en materia de historia agraria como é a nivel nacional o XVI Congreso de Historia Agraria da Sociedade Española de Historia Agraria (SEHA) e a nivel internacional no Rural History 2017 (Leuven) e 2019 (París) da International Rural Conference do EURHO (European Rural History Organisation); e igualmente en seminarios especializados tamén a nivel nacional Da innovación campesiña a un modelo de especialización láctea baixo a Revolución Verde. Europa no S.XX (Santiago de Compostela 2018) e internacional Animal husbandry in 20 th Century Europe: Policies, trade, animal and public health, breeding and production systems before and during the Green Revolution (Uppsala 2019). 

 

A súa formación inclúe unha estancia de tres meses nun centro estranxeiro de I+D, a Swedish University of Agricultural Science onde traballou coa Division of Rural and Agrarian History - Deparment of Urban and Rural Development e actividades complementarias formativas como o curso internacional ICOHTEC Summer School & 45th ICOHTEC Symposium, (St. Etienne 2018).

 

Publicou os primeiros resultados da súa investigación no capítulo A especialización láctea en Galicia: indicios dunha difusa e tardía consolidación 1920-1975 pertencente á serie monográfica de revístaa Historia Agraria da SEHA. O seu traballo Orixe e consolidación da especialización láctea en Galicia: Unha análise de fronte ao presente e o futuro do rural galego (1920-2017) lle supusoel premio de investigación Jesús García Calvo (2018) sobre Cooperativismo e Desenvolvemento Agrario. 

 

Entre as súas últimas publicacións: (2020): “A especialización láctea en Galicia: indicios dunha difusa e tardía consolidación, 1920-1975”, en Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas (eds.) (2020): Leite e Leiteiras no Século XX. Da fusión innovadora orgánica á Revolución Verde, , Zaragoza, PUZ, p.  121-152

 

 

 

messages.latest-publications