Consolidación e estruturación. Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX HISTAGRA

Proxectos de Investigación

Lourenzo Fernández Prieto (IP)

Entidade financiadora: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Programa: “Consolidación e estructuración de unidades de investigación competitivas”

Presuposto: 185.000,00 euros

Duración: 01/01/2013 - 30/11/2016

Resumo

HISTORIA AGRARIA E POLÍTICA DO MUNDO RURAL (HISTAGRA) configurouse como Grupo de Investigación do SUG, no ano 2006, como resultado da reintegración de dous Grupos de Investigación preexistentes: “Política e mundo rural” (co Prof. Dr Ramón Villares como IP) e “Historia Agraria Contemporánea: Tecnoloxía, Sociedade e Historia”, do que o IP era o Prof. Dr. Lourenzo Fernández Prieto. Ámbolos dous Grupos de Investigación estaban adscritos ao Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC (de feito derivaban dunha mesma estrutura de investigación no ámbito da Historia Agraria creada durante a década de 1980 polo Prof. Dr. Ramón Villares) que desenvolveu un intenso e pioneiro labor de investigación no eido da Historia Agraria, Política e Social do mundo rural galego e español durante máis de 30 anos, converténdose as súas publicacións sobre aspectos como a Reforma Agraria Liberal; o cambio tecnolóxico na agricultura ou o proceso de construción da sociedade civil rural, en referentes centrais da historiografía agraria española das derradeiras tres décadas e acadando á vez un notable impacto en países como Portugal, Francia, Italia, Arxentina ou Costa Rica.

Documentos