Aurora Artiaga Rego

Aurora Artiaga Rego

Doutora en historia Contemporánea
curriculum

ORCID: 0000-0001-6117-9049

 

 

 

Aurora Artiaga Rego (1960) é Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (1989), coa tese A desamortización da provincia de Pontevedra, 1855-1900, dirixida polo Profesor Ramón Villares Paz. Profesora Titular do Departamento de Historia desde 1991. Foi profesora visitante no Departamento de Lengua y civilización españolas da Universidade de Rennes-2-Haute Bretagne (1988-1989).

 

As súas liñas de investigación son a historia Agraria, a historia Contemporánea, a historia de Galicia, a Historia do medio ambiente, o mundo rural, o nacemento e consolidación do réxime franquista e a violencia desenvolvida nos primeiros anos da guerra civil e ditadura

 

Entre as súas publicacións destacan: (2001): “Unha radiografía da posguerra na Galicia rural: os informes fundacionas das Hermandades de Labradores y Ganaderos na provincia de Pontevedra”, en Entre nos. Estudios de Arte, Xeografía e Historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo, Santiago, pp. 897-927; (2006): “La sociedad gallega (c. 1770-1874)”, en DE JUANA, J. (coords.), Historia de Galicia, Barcelona, Ariel, pp. 57-82;  (2006): “Todo por España y España para Dios”. La Bandera Legionaria Gallega de Falange Española en la guerra civil, no Libro homenaxe ó prof. Barreiro Fernández; “As reformas institucionais: a crise do Antigo Réxime”, en Economía e Sociedade do século XIX, Gran Historia de Galicia, Tomo I, ed. Fundación Caixa Galicia e La Voz de Galicia; “Unha economía de base agraria (1800-1870)”, en Economía e Sociedade do século XIX, Gran Historia de Galicia, Tomo I, ed. Fundación Caixa Galicia e La Voz de Galicia; “Unha sociedade de base agraria (1800-1870)”, en Economía e Sociedade do século XIX, Gran Historia de Galicia, Tomo I, ed. Fundación Caixa Galicia e La Voz de Galicia, con Lourenzo Fernández Prieto Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura, Madrid, Ed. La Catarata, 2014 e o monográfico da revista Ayer nº 111 de 2018, Soldados para el frente, xunto a Lourenzo Fernández Prieto onde é autora amais do capítulo “Voluntarios  paraun  golpe,  soldadospara  una  guerra:las  milicias  rebeldesde  primera  líneaen  la  Guerra Civil”.

messages.latest-publications