Exposicións e recursos didácticos

EXPOSICIÓN DECONSTRUÍNDO O FRANQUISMO

 

Do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2020

 

A exposición itinerante Deconstruir o franquismo preséntase en Santiago de Compostela como un espazo de reflexión sobre a simboloxía da ditadura. A mostra preséntase en cinco etapas, desde a PERSISTENCIA do franquismo ás AUSENCIAS de memoria. Otraxecto descóbrenos as VELADURAS do franquismo retirado pero recuperable, as AMNESIAS que debuxan unha auténtica cartografía do terror e as EXPROPIACIÓNS de significado de lugares e símbolos. 
A mostra inclúe preproducións fotográficas de espazos e simboloxía franquista que perduran ou que foron esquecidos pola cidadanía de Santiago de Compostela e unha cartografía interactiva que trae ao espazo público os lugares de morte e enterramento en Galicia durante a guerra civil.

Organiza

Grupo HISTAGRA-USC

Observatorio Europeo de Memorias de la Fundación Solidaridade UB (EUROM)

Arte Público y Memoria (Proyecto de investigación HAR-2017-84322-P)

Colabora

Departamento de Historia

Facultade de Xeografía e Historia – USC

Universidade de Santiago de Compostela

Rexenerando S. Coop. Galega

Idea orixinal

Jordi Guixé

Núria Ricart

Comisariado

Lourenzo Fernández Prieto

Antonio Miguez Macho

Colaboradores e guía da exposición

Xabier Buxeiro Alonso

Aldara Cidrás Fuentes

Rafael García Ferreira

Conchi López Sánchez

Jessica Nogueira Castro

Telmo Otero Rodríguez

Coordinación e Documentación

Grupo HISTAGRA / Gustavo Hervella García

Textos

Lourenzo Fernández Prieto

Antonio Miguez Macho

Fotografía

Jacobo Bujarín

Produción e Montaxe

Grupo HISTAGRA

Proyecto de Investigación: Actitudes sociales en contextos de violencia estatal masiva: procesos de adaptación y resiliencia en la retaguardia de la Guerra Civil española (Galicia, 1936-1939)(HAR2016-80359-P)

Dos lugares da violencia aos lugares da memoria: actitudes sociais nos espazos de reclusión, execución e enterramento durante o Golpe, a Guerra Civil e o franquismo en perspectiva comparada (ED431F 2017/11)

Co-financiado polo programa Europe for Citizens (Comisión Europea)

Agradecementos

Concello de Santiago de Compostela

 

 

EXPOSICIÓN 80 ANOS. SANTIAGO 1936

 

 

Comisariado:

Lourenzo Fernández Prieto, Gustavo Hervella García, Alfonso Mato Domínguez, Antonio Miguez Macho, Dolores Vilavedra Fernández

Produción:

HISTAGRA-USC, Concello de Santiago de Compostela

Deseño

Tórculo
Deseño cartel e folleto:

Iñaki López. RuralC
Audiovisual

Sumo Comunicación

Colabora:

Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, CGAC, Excma. Deputación Provincial de A Coruña, Fundación Eugenio Granell, Galiciana -Biblioteca Dixital de Galicia, Museo das Peregrinacións e de Santiago

Agradecementos:

Archivo Intermedio Militar Noroeste (Ferrol), Armería Toribio, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento - CSIC , Museo do Pobo Galego , Luis Guitián Rivera, Ricardo Gurriarán Rodríguez, Augusto Pérez-Alberti , Suso de Toro

 

 

EXPOSICIÓN "VIVIR DA TERRA. A LOITA DO CAMPESINADO (1925-1975)"

 

A mostra, deseñada con criterios didácticos é o resultado da colaboración entre o equipo do proxecto de investigación “Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios: a Galicia rural durante o tardofranquismo e a transición (1960 – 1982)”, dirixido polo profesor Daniel Lanero Táboas, da USC, a Asociación Sine Nomine, de Profesores/as de Ensino Secundario, e a Fundación 10 de Marzo de CCOO de Galicia.

Guión expositivo:

“A Galicia rural ten sido vinculada ao atraso, á inmutabilidade, ao conservadurismo e ao caciquismo. Sen negar a existencia histórica de actitudes sociais e políticas conservadoras, o certo é que a nosa realidade é bastante máis complexa.

Dende finais do século XIX, producíronse transformacións socieconómicas, políticas e culturais moi profundas que mudaron por completo a face do mundo rural. Xunto con períodos de escaseza material, estancamento produtivo e regresión política e social —como a longa posguerra posterior ao conflito de 1936-1939— existiron etapas e movementos democratizadores, de construción da sociedade civil e de modernización económica. É o caso do agrarismo de comezos do século pasado.

Porén, esta exposición didáctica céntrase na mobilización política e nos múltiples conflitos sociais que tiveron lugar na Galicia rural dos anos finais da ditadura franquista e da transición. Presenta á súa contribución á conquista social da democracia para integrar mellor ó agro na explicación do cambio histórico na segunda metade do século XX”.

Comisariado

Daniel Lanero Táboas

Colabora:

Grupo HISTAGRA

 

 

EXPOSICIÓN ‘A GRANXA AGRÍCOLA EXPERIMENTAL DE GALICIA (1888-1964)’

 

A exposición foi unha iniciativa promovida por Museos Científicos Coruñeses, en colaboración co Concello de A Coruña e Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Guión Expositivo:

Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galicia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social, con iniciativas tan singulares como a “festa da árbore”.

Comisariado:

Lourenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez 

Documentalista:

Antón Santos

Ano:

2011