Revolta: Rede de agroecoloxía

Ir á Web da Rede de Investigación REVOLTA

Ven de ser renovada  pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do SUG, a axuda do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitiva  que apoia aos grupos de investigación máis competitivos de Galicia, resultando estes: HISTAGRA (USC), dirixido por Lourenzo Fernández Prieto; COSMERUN (USC), dirixido por Xoán Carlos Carreira; LABORATE (USC), que dirixe David Miranda Barros;  GESPIC (USC), dirixido por Xoán Carmona, GIEEA (UdV), a cargo de Xavier Simón, ECOAGRASOC (USC), dirixido por Edelmiro López Iglesias e XROFEA (USC), dirixido por Elvira López Mosquera.
A importancia do papel que están a desenvolver todos estes grupos no marco científico autonómico é notable, agardando reforzar mediante esta rede de traballo, a súa proxección competitiva exterior nos diferentes ámbitos da investigación: HISTAGRA, desde a Historia Contemporánea; LABORATE desde a enxeñería agroforestal, COSMERUN e XROFEA desde o medio rural e natural ; GIEEA e ECOAGRASOC desde a Economía Ecolóxica e Agroecoloxía e GESPIC desde a industria e o comercio.
Os obxectivos de consolidación e estruturación da rede fan especial incidencia en fortalecer e reorientar as liñas de investigación da mesma, e as colaboracións para complementar as capacidades da rede, así como o de fortalecer a estrutura da mesma. Os indicadores de seguimento serán o número de publicacións de alto impacto, o número de contratos e convenios, participación en proxectos e redes internacionais, novas accións de colaboración. Números de teses de doutoramento lidas e contratos postdoutorais.