Alberto González Remuiñán

Alberto González Remuiñán

Doutor en Historia Contemporánea
curriculum

ORCID: 0000-0001-6837-6651

 

Alberto González Remuiñán (A Coruña, 1988) é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, seguindo as especialidades de historia moderna e contemporánea (USC, 2011). Cursou o Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (2012), e o Máster Univeritario en Profesorado na especialidade de Ciencias Sociais e Humanidades (2013) na mesma universidade.

Participou en varios proxectos de investigación do Grupo HISTAGRA e en decemebro de 2019 defendeu a súa tese, titulada "A agricultura das antigas provincias de Betanzos e Coruña na crise do Antigo Réxime segundo o catastro de Martín de Garay (1750-1820)", coa que obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude.

 

As súas liñas de investigación céntranse nos cambios e transformacións socioeconómicas das sociedades rurais a finais do Antigo Réxime, o estado da agricultura, a facenda e a conflitividade social neste período, para a área das mariñas e arco ártabro, A Coruña-Betanzos-Pontedeume. Actualmente desenvolve o seu traballo cunha bolsa postdoutoral na Universidade de Coimbra, no marco do proxecto ReSEED – Rescuing seed’s heritage.