Rafael García Ferreira

Rafael García Ferreira

Doutor en Historia Contemporánea
curriculum

ORCID: 0000-0002-9880-743X  

 

Rafael García Ferreira (1990, Santiago de Compostela). Graduado en Historia (2013, USC), mestrado en Historia Contemporánea (2015, USC) e doutor en historia contemporánea coa tese Violencia, persecucións e relato na conformación do poder golpista en Santiago de Compostela, 1936. Cursou estudos de doutoramento na área de contemporánea do departamento de Historia da USC, onde desenvolveu a súa tese ao redor da conformación do réxime franquista na cidade de Santiago de Compostela. Foi investigador contratado no proxecto “Procesos de construcción y destrucción de la ciudadanía. Práctica genocida, memoria y justicia transicional en perspectiva comparada”, ademais de participar noutros proxectos e convenios de investigación.

 

Compaxina a súa actividade académica con diferentes actividades de divulgación arredor das súas áreas de estudo. Ademais de ter publicado diferentes textos de carácter científico e ter realizado contribucións a congresos internacionais na súa área de estudo, tamén participa na realización de investigacións no marco de convenios de colaboración con diferentes institucións.

 

Áreas de estudo: guerra civil, Franquismo, contextos de violencia masiva, Historia local, Historia social.

messages.latest-publications