Actualidade

O equipo do Plan de Memoria Democrática está buscando unha das maiores fosas de Galicia

O equipo do Plan de Memoria Democrática está buscando unha das maiores fosas de Galicia, localizada no cemiterio de O Val (Narón) O equipo de investigación de Memoria Democrática da Universidade de Santiago iniciou en Santa María do Val (Narón) o proceso de busca dunha das fosas de vítimas do golpe de 1936 máis grandes de Galicia.Son polo menos 50 as familias que están a buscar os seus familiares e parentes asasinados despois da sublevación militar en Ferrol de xullo de 1936 que poden estar enterradas no cemiterio do Val. A localización desta fosa enmárcase no Plan de Memoria Democrática de Galicia, co apoio da Secretaría de Estado de Memoria Democrática e a Xunta de Galicia, que encomendou as actuacións a un equipo multidisciplinar de investigación USC, comandado polo grupo HISTAGRA....
  • XI Seminario Anual SEHA

    HISTAGRA participa no XI Seminario Anual da SEHA Hoxe venres día 15 de decembro, o Grupo HISTAGRA participa no XI Seminario Anual da SEHA. A sesión, ten lugar no Salón de actos da Facultade de Xeografía e Historia da UCM e dá comezo ás 9:00 h. O Seminario está organizado, entre outras, pol...
  • MESA REDONDA EQUIPO PLAN MEMORIA DEMOCRÁTICA DE GALICIA

    MESA REDONDA EQUIPO PLAN MEMORIA DEMOCRÁTICA DE GALICIA En agosto de 2021 asinouse entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, o c...