Actualidade

Comezan os traballos de exhumación na fosa da violencia franquista en O Castro-Viana

Comezan os traballos de exhumación na fosa da violencia franquista en O Castro-Viana O plan de memoria democrática 2023 comeza este luns, 23 de outubro cos traballos que o equipo desenvolverá na fosa comun do Castro-Pixeiros, Viana do Bolo. https://www.nomesevoces.net/lugares/cartografia/fosas/89/fosa-de-santa-maria-de-pradocabalos A fosa que se vai traballar está situada no lugar de Castro, na parroquia de Pixeiros, en Viana do Bolo. A persoa á que buscamos é Anunciación Casado Atanes, Filla de Flora e Gabriel (veciños de San Mamede), era natural de Atanes (Cualedro), vivía en San Mamede (Viana do Bolo) e tiña 38 anos cando a asasinan, o 21 de agosto de 1936, na curva das Revendeitas, na estrada que vai da Gudiña a Viana, concretamente na leira de Gracinda (nas Correínzas)....
  • Histagra organiza o Congreso GALEUSCA 2023

    O Grupo HISTAGRA organiza o 5-6 de outubro o Congreso GALEUSCA 2023 Cen anos despois do primeiro pacto de Galeusca, asinado en 1923, o VII Congreso Galeusca-Historia chama a unha lectura histórica do presente, a mirar cara ao pasado dende as preguntas da historiografía actual. Cunha c...