HISTAGRA pon en marcha o Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia 2023

HISTAGRA pon en marcha o Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en Galicia 2023 En agosto de 2023 asinouse entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, o convenio de colaboración para poñer en marcha a anualidade 2023 do Plan Cuatrienal de Memoria Democrática, seguindo o impulso da Secretaría de Estado de Memoria Democrática O equipo formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas segue a pescudar sobre o pasado de violencia en Galicia, xa coa experiencia de 2021 e 2022, mediante o estudo e a exhumación de tres novas fosas de 1936-1939 nos concellos de Narón, Oza-Cesuras e Viana do Bolo...