Novo relatorio do ciclo pasados incómodos de HISTAGRA

HISTAGRA presenta unha nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos 2022-23 O próximo xoves ás 12 da maña o historiador Fernando Jiménez Herrera presentará o traballo Los múltiples rostros de la revolución. Los comités madrileños en el otoño-invierno de 1936. Este relatorio versará sobre a violencia exercida no Madrid dos primeiros meses da guerra civil, cando teñen lugar os asasinatos dos comités revolucionarios xurdidos nos primeiros meses do golpe de estado. Sobre o autor: Fernando Jiménez Herrera (Toledo, 1989) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid (UCM, 2017). É licenciado en Historia (UCM, 2012) e posúe o Máster Interuniversitario de Historia Contemporánea (UCM, 2013) e o Máster de Formación do Profesorado en ESO e Bacharelato (...