Premio para unha doutora e colaboradora do Grupo HISTAGRA

Uxía Otero, doutora formada no Grupo HISTAGRA premio ICARUS da USC

 

A doutora en historia contemporánea Uxía Otero, formada no Grupo HISTAGRA cunha tese dirixida por Ramón Villares e Margarita Barral ven de ser recoñecida co premio do Programa ICARUS que otorga a USC e que está dirixido a recoñecer a aplicación social e económica dos resultados de traballos fin de grao (TFG), e mestrado (TFM), así como das teses de doutoramento.

 

Na categoría de teses no eido das Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, os traballos premiados foron ‘A integración da tecnoloxía de computación na nube no proceso de ensino-aprendizaxe: O proxecto RuralSchoolCloud’ de María José Rodríguez Malmierca (primeiro premio) e ‘Domesticando corpos femininos no franquismo (1939-1975): a (re)modelación da feminidade normativa e a súa encarnación sartorial na transición dos cincuenta’ de Uxía Otero González (segundo premio). Con este estudo, Uxía Otero buscou entender como e en que medida as mulleres encarnaron os ideais de xénero en tempos de Franco a través da vestimenta. O xeito no que o vestir se relaciona intimamente cos corpos e o xénero colocou a vestimenta no foco desta investigación. No seu momento xa fora recoñecido coa máxima cualificación polo tribunal de doutoramento.

 

Máis información:

 

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/programa-icarus-impulsa-voo-doce-investigacions-estudantes-impacto-positivo-social-medioambiental