Entrevistas históricas en pobos de colonización franquista

Investigadoras realizan traballos antropolóxicos en Castro de Rei

 

Varias investigadoras adscritas ao convenio de investigación asinado o pasado ano entre a Universidade de Santiago de Compostela e o concello de Castro de Rei (Lugo) co apoio económico de Deputación de Lugo, está a realizar entrevistas a veciñas e veciños de varios pobos de colonizacion da provincia, entre eles Matodoso en Castro de Rei e Veiga de Pumar en Cospeito.

 

Este traballo enmárcase dentro das accións que, desde o Grupo HISTAGRA, está a levar a cabo a investigación dirixida por Ana Cabana Iglesia, membro do Grupo e profesora no campus de Lugo.

 

Trátase dun traballo centrado na recuperación da memoria das persoas da colonización a partir de entrevistas: gravación en formatos audio e/ou vídeo de homes e mulleres que viviron en primeira persoa a experiencia colonizadora. Xunto a isto, estamos a recuperar e dixitalizar a documentación da colonización (fotografías, cartas, documentos oficiais, etc), tanto privada (aquela que gardan as familias) como a de diferentes institucións (concellos, Arquivo Histórico Provincial, etc.). A documentación será tratada axeitadamente para garantir a súa organización e preservación para así que poida ser consultada por investigadores/as e interesados/as.