Ana Cabana Iglesia

Ana Cabana Iglesia

Contratada Doutora
curriculum

Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, Lugo) é Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2006) e dende 2003 exerce como docente do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC.

Ten realizado estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa, o Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (The London School of Economics and Political Science (Londres), a Universidad Autónoma de Madrid e a Universidad Pablo de Olavide de Sevilla.

As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista e a conflitividade rural durante o franquismo e a transición cara a democracia.  Tamén ten feito achegas no campo do estudo dos comúns e, recentemente, sobre a perspectiva de xénero aplicada á sociedade rural.
 

Autora das monografías Pedro Murias. Tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa (Xunta de Galicia, 2001), Xente de Orde. O consentemento cara o franquismo en Galicia (3C3 Ed., 2009) e La derrota de lo épico (Prensas da Universitat de Valencia, 2013) e coordinadora dos Dossiers "James C. Scoot y el arte de los dominados", Historia Social, 28 (2013), xunto a Miguel Cabo Villaverde, e "Campesinas: desigualdades de género y economías invisibles en el siglo XX", Arenal. Revista De Historia de las Mujeres, 25 (2018), xunto a Teresa María Ortega López. Entre as súas publicacións máis recentes poden citarse: “Casi todo era negro: resistencias y puntos de fuga en torno al tráfico ilegal de mineral. Galicia (1939-1945)”, Cahiers de Civilisation Espagnole Contemporaine, 18 (2017); “Una mirada fugaz ante el espejo: el estudio de las actitudes sociales durante el franquismo”, en Ortiz Heras, M. (coord.), ¿Qué sabemos del franquismo? Estudios para comprender la dictadura de Franco, Granada: Comares, (2018), pp. 69-94; “En femenino plural. La perspectiva de género en la historia rural”, Soto Fernández, D.; Lana Berasain, J.M. (ed), Del pasado al futuro como problema. La historia agraria contemporánea española en el siglo XXI, Zaragoza, SEHA & Prensas Universidad de Zaragoza, 2018, pp. 189-208; “Os incendios forestais e a variable de xénero: estereotipos de ida e volta” VVAA, Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais, Vigo, Catroventos Editora, 2018, pp. 15-28 ou “Transitar la transición: mundo rural y cultura democrática”, en Quirosa-Cheyrouze Muñoz, R; Martos Contreras, E. (ed.), La Transición desde otra perspectiva. Democratización y mundo rural, Madrid, Sílex, 2019, pp. 149-168.

messages.latest-publications