Alberto González Remuiñán

Alberto González Remuiñán

IFP
curriculum

Alberto González Remuiñán (A Coruña, 1988) é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, seguindo as especialidades de historia moderna e contemporánea (USC, 2011). Cursou o Mestrado Interuniversitario en Historia Contemporánea (2012), e o Mestrado Univeritario en Profesorado na especialidade de Ciencias Sociales e Humanidades (2013) na mesma universidade.

Actualmente desenvolve a súa tese de doutoramento "La agricultura de la antigua provincia de Betanzos en la crisis del Antiguo Régimen según el catastro de Martín de Garay (1750-1850): innovación y medioambiente en la agricultura orgánica", tamén en Santiago de Compostela e a tempo parcial, baixo a dirección de Lourenzo Fernández Prieto.

As súas liñas de investigación céntranse principalmente nos cambios e transformacións socioeconómicas das sociedades rurais a finais do Antigo Réxime, estado da agricultura, a facenda e a conflitividade social neste período, para a área das mariñas e o arco ártabro, A Coruña-Betanzos-Pontedeume.