Xabier Buxeiro Alonso

Xabier Buxeiro Alonso

Bolseiro FPU
curriculum

Xabier Buxeiro Alonso (Rinlo-Ribadeo, 1990) é graduado en Historia (2016, USC) e Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea (USC, 2017). No ano 2017 concedéronselle os premios extraordinarios do Grao en Historia (USC) e o Premio de Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na actualidade cursa o Doutoramento en Historia Contemporánea e traballa como investigador contratado (pre-doutoral FPU) no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

As súas liñas de investigación céntranse no estudo da violencia golpista de 1936 no Estado español, así como as actitudes sociais nese contexto.

Entre as súas publicacións destaca: “Os verdugos e a sociedade. A violencia sublevada en Ribadeo (1936-1941),” en Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, editado por FERNÁNDEZ PRIETO, Lourenzo y MÍGUEZ MACHO, Antonio, 181-226. Vigo, Galaxia, 2018.

messages.latest-publications