
Bruno Esperante Paramos
Doutor en Historia contemporánea
ORCID: 0000-0002-5814-7983
Bruno Esperante Paramos (A Baña, 1988) é doutor en Historia (2020 USC) e Máster en Historia Contemporánea (2014 USC). Formou parte de varios proxectos de investigación do Grupo HISTAGRA e foi bolseiro de La Gran Transformación tecnológica y social de las Agriculturas Ibéricas: viejos, nuevos y novísimos paradigmas (1950-2000), no que preparou a súa tese relacionada co cambio tecnoloxíco da agricultura galega no século XX. Foi premio extraordinario no Master de Historia Contemporánea 2013/2014, e premio á calidade lingüística en galego na área de Humanidades na USC polo seu TFM titulado: Representacións populares e ilustradas da tecnoloxía agraria da segunda onda da industrialización (1890-1940).
As súas liñas de investigación céntranse en: Historia Rural e Agraria, Historia Ambiental, Revolución Verde, Estudos Culturais, Identidades e Nacionalismos.
messages.latest-publications
-
Old and new plants from the Americas to Europe: potatoes, corn and the genetics of double hybrid corn (1800–1940)
Miguel Cabo Villaverde, Bruno Esperante Paramos, Lourenzo Fernández Prieto -
-
-