Sustentabilidade ambiental e políticas tecnolóxicas na gandería hiper-intensiva de leite en Galiza (1960-2010)

Duración: 2020-2021 Proxectos de Investigación Cambio Tecnolóxico

Os criterios de sustentabilidade ambiental tiveron nas últimas décadas unha especial importancia na definición das políticas tecnolóxicas dirixidas á gandería hiper-intensiva de leite en Galiza, España e na Unión Europea. Políticas que trataron de buscar alternativas ós problemas creados polo modelo produtivo da agricultura industrial desenvolto dende os anos sesenta do século XX. Entre outros, a contaminación de solos e acuíferos polo uso abusivo de fertilizantes, nitratos, ou a xestións de xurros.