Aldara Cidrás Fuentes

Aldara Cidrás Fuentes

IFP
curriculum

Aldara Cidrás Fuentes (Vigo, 1994) é graduada en Historia (2016, USC), máster en Historia Contemporánea (2017, interuniversitario [USC]) e actualmente está realizando a súa tese de doutoramento no departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela dirixida polos profesores Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Dende o 2018, é investigadora contratada ao abeiro das axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galiciae realizará unha estadía na Universidade de Princeton (EUA) de agosto a novembro do 2019.

No curso 2016/2017, obtivo o Premio Extraordinario do Máster Universitario en Historia Contemporánea e o seu traballo de fin de mestrado A violencia, as vítimas, os verdugos. A lóxica do terror na cidade de Pontevedra (1936 – 1939)foivalorado con matrícula de honra. Durante dito ano, foi tamén beneficiaria dunha bolsa de colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a desenvolver na Unidade de Patrimonio Documental e Oral Contemporáneo (UPDOC) — Fondo de Historia Oral de Galicia (HISTORGA).

A súa principal liña de investigación céntrase na análise dos perpetradores da violencia xenocida desatada após o golpe de Estado de 1936; pero tamén abarca en termos máis xerais: o estudo dos crimes de lesa humanidade no século XX, as súas memorias e narrativas, os procesos de construción da culpabilidade coma un sentimento compartido,a historia das mentalidades, os estudos culturais e de xénero, e as políticas de xustiza transicional e (des)memorialización.

Un avance das súas investigacións está dispoñible en:CIDRÁS, Aldara (2018):“A construción da culpabilidade colectiva na cidade de Pontevedra (1936 – 1939)”, enFERNÁNDEZ PRIETO, Lourenzo e MÍGUEZ MACHO, Antonio (ed.):Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo,Vigo, Galaxia, pp. 227 - 283.

messages.latest-publications