Ramón Villares Paz

Ramón Villares Paz

Catedrático
curriculum

ORCID: 0000-0003-0692-0257

 

Ramón Villares Paz (Cazás-Xermade, 1951) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. Director do Departamento de Historia Contemporánea (1983-1986), Decano da Facultade de Xeografia e Historia (1986-1990) e Rector Magnifico da Universidade de Santiago (1990-1994), membro fundador e Presidente Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002) e Director en Galicia da Universidad Internacional Menendez Pelayo, UIMP (1997-2005). Tamén é Membro Numerario da Real Academia Galega e Investigador Honorario do Instituto de Ciências Sociais (U.Lisboa) (desde 2011). Membro do Consello Editorial de Marcial Pons, Ediciones de Historia (Madrid) e membro do Consello Asesor de revistas como Historia Social (Valencia), Ler História, Análise Social (Lisboa), Ayer, revista de Historia contemporánea (Madrid). Pertence aos patronatos do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane, da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Juana de Vega. Foi Presidente do Consello da Cultura Galega, desde 2006 a 2019.

 

Director de máis de vinte teses doutoais, tamén ten sido Investigador principal de varios Proxectos de investigación (convocatorias competitivas), asi como de máis dunha treinte de convenios de investigación (Transferencia de tecnoloxía). Ademais de ter participado en numerosos Comités de Avaliación de Proxectos de investigación desde 1988 (DGICYT, Xunta de Galicia, AGAUR  de Cataluña, FYCIT de Asturias), ten sido Consultor externo do Instituto de Ciencias Sociais (Universidade de Lisboa), desde 1999 a 2010. Tamén ten realizado estancias de investigación na Universitá di Bologna (1989), na EHESS de París (2001) e na UNAM de México (2018). En 2007/2008, foi Chairman do Panel de Avaliación das Unidades de investigación en Historia de Portugal (FCT) e durante os anos 2009/2011, Chairman do Panel de Evaluación de Proxectos de Investigación do Area de Historia, Patrimonio e História da Ciencia (FCT, Portugal).

 

As súas liñas de investigación son Historia agraria, politización campesiña, historiografía, estudos culturais, historia das migracións e do exilio.

 

Entre as súas publicacións destacan:  (2011): Emigrante nun país soñado. Luís Seoane entre Galicia e Arxentina, Santiago de Compostela; (2012): Luis Seoane, entre Galicia y la Argentina; (2012): El mundo contemporáneo. Del siglo XIX al XIX; (2014): Historia de Galicia; (2016): Galicia Cen. Obxectos para contar unha cultura; (2016): Da Frouseira a Carral. Sobre dous fitos da “simbólica” galega”; (2017): Identidade e afectos patrios; (2017): Os exilios ibéricos: unha ollada comparada. Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza; (2018): Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista; (2018): Galicia no contexto global: un pais periférico?; (2019): Terre de Galice. Historie d'un Finistère Européen; (2019): Galicia. Una nación entre dos mundos, Barcelona.

 

messages.latest-publications