Mirian Adrio Nieto
IFP
ORCID: 0009-0007-0131-0050
Mirian Adrio Nieto (Teo, 2002) é graduada en Historia (2024) e no Máster de Historia Contemporánea (2025) pola Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente cursa o Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea, tamén na USC. Na súa investigación analiza as diferentes memorias do golpe de 1936 en Pontevedra e a súa evolución, co obxectivo de evidenciar fendas e silencios, ademais de mostrar o modo no que a memoria hexemónica imposta polos perpetradores condicionou durante décadas a percepción social dos feitos.