Daniel Henao Escobar

Daniel Henao Escobar

IFP
curriculum

Orcid: 0000-0003-2940-5450

 

Daniel Henao Escobar (Medellín, 1993) é graduado en Socioloxía (2020) pola Universidade de Antioquia, Colombia; Especialista en Memorias, Dereitos Humanos e Resistencias pola Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais, Brasil (2021); e Máster en Métodos de Investigación e Innovación na Análise Social pola Universidade da Coruña (2024), España. As súas liñas de investigación céntranse nos estudos da memoria, os repertorios de violencia e a resistencia en contextos de violencia política e a construción de paz, desenvolvendo traballos comparativos e participativos entre Colombia e España. 

 

Actualmente cursa estudos de doutoramento no Programa de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela coa tese Corpos e comunidades que (non) descansan: repertorios de vida dos movementos de vítimas fronte á violencia política prolongada en Galicia e Antioquia, baixo a dirección de Antonio Míguez Macho, membro do grupo HISTAGRA. 

 

Colaborou en proxectos de investigación e intervención orientados ao estudo dos conflitos armados e as resistencias en escenarios urbanos e rurais, así como na documentación de experiencias de comunidades afectadas pola violencia. Tamén participou na elaboración de informes de memoria para entidades como a Xurisdición Especial para a Paz (JEP) e a Comisión da Verdade (CEV), en Colombia. As súas achegas buscan fortalecer o esclarecemento histórico, o recoñecemento de memorias plurais e os procesos de xustiza transicional e construción de paz desde unha perspectiva crítica.