![María Fernández Blanco](https://histagra.usc.gal/cache/img/member/members/DksKGQAr7bv4nQae1fvcpIFUewo9TCfRNWCuFqYV.png)
María Fernández Blanco
IFP
ORCID: 0009-0004-8675-546X
María Fernández Blanco (Mondariz, 2000) é graduada en Historia (2022) e Máster de Historia Contemporánea (2023) pola Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente está cursando estudos de doutoramento no Programa de Doutoramento de Historia Contemporánea da USC. A súa tese céntrase no discurso de xénero e a participación política da muller rural no nacionalismo galego radical da Unión do Pobo Galego e o sindicalismo nacionalista de Comisións Labregas durante a Transición Democrática.
As súas liñas de interese céntranse na Historia de Xénero, a Historia Social e o Feminismo. Principalmente, no papel real da muller na Transición Democrática como axente social, político e de cambio, así como, a participación feminina nos partidos político s, as relacións destes co Movemento Feminista, e a construcción de discursos de xénero. Sobre esta temática desenvolveu o seu traballo de Fin de Máster baixo o título Transición en feminino: Das organizacións de mulleres da ditadura franquista ao feminismo antifranquista e democrático (1960-1989), o cal é o punto de partida da súa tese de investigación.