
Xoán Carlos Díaz Rodríguez
IFP
ORCID: 0009-0009-5357-0019
Traballo como profesor de xeografía e historia e secretario (comisión de servizos) na escola de adultos CFA Esparreguera, na localidade do mesmo nome. Desde 2020 son funcionario de carreira e con destinación definitiva no Institut Joan Oró de Martorell.
Durante o curso 2006-2007 realicei o Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea e presentei o Traballo de Fin de Máster A sociedade de Monforte de Lemos na segunda metade do século XIX: demografía e estrutura socioprofesional nos anos noventa, dirixido por Xusto Beramendi. En 2012 publiquei un artigo na revista Murguía (Monforte de Lemos a finais do XIX: un achegamento á estrutura socioprofesional e ás clases sociais).
Actualmente, estou a traballar nunha tese comparativa entre Sant Feliu de Llobregat e Monforte de Lemos a finais do século XIX e principios do século XX. Os aspectos que estou a traballar son os seguintes: un estudo das profesións a través dos padróns, análises da sociedade urbana galega e catalá a partir dos padróns e as matrículas industriais, estudo da poboación e a súa evolución, crecemento e expansión da cidade, un estudo da mobilización política e conflitividade social a nivel local, as infraestruturas e servizos públicos e comportamento cultural da sociedade moderna.