Bibiana Martínez Álvarez

Bibiana Martínez Álvarez

Doutora en Antropoloxía Social
curriculum

0000-0003-1288-8804

 

Bibiana Martínez Álvarez (Ferrol 1981) é doutora en Antropoloxía Social pola Universitat de Barcelona, onde tamén se licencia en Antropoloxía Social e Cultural e realiza o máster de Antropoloxía e Etnografía.

 

Foi membro do GER (Grup d’Estudis sobre Reciprocitat) do Departament d’Antropologia Social da Universitat de Barcelona e tamén do GET (Grupo de Estudos Territoriais) do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña.

 

O seu interese de investigación enmárcase no eido rural, concretamente nos procesos de producción (principalmente de alimentos) e reproducción que se dan neste ámbito e a súa relación coa resiliencia e os coidados. Aborda estas problemáticas sempre cunha perspectiva histórica, dende a antropoloxía económica, a economía política, os estudos agrarios, a soberanía alimentaria e as economías morais.

 

Algunha das súas publicación máis recentes son: “Of Farms and the State: Changing Relations andAmbivalentvisionsintheDairySectorinGalicia(Spain)” enANTROPOLOGIA (2021); “Dignityandjustprices.The moral economyof farming inthe age of agro-industry” enDisparidades. Revistade Antropología, xunto á investigadora PatriciaHoms (2021); “Maythe Smoke Keep Coming Out the Fireplace: Moral Connections between Rural Tourism and Socio-Ecological Resilience in the EUME region, Galicia” en Sustainability, xunto ao investigador Jose Antonio Cortés Vázquez (2020); e o libro Procurandounhavidadigna.Prezoxustoe sustentabilidade nas granxas familiares de leite en Galiza publicado na editorial Dr Alveiros (2020)

messages.latest-publications