Noelia Valiño Vázquez
Contratada Predoutoral Campus Terra
ORCID: 0000-0003-3677-2873
Noelia Valiño Vázquez (Boente, Arzúa, 1996), é graduada en Historia (2018) e Máster en Servizos Culturais (2021). O seu TFM titulado: “A Ensinanza Primaria en Galicia: das Misións Pedagóxicas da Segunda República ao Nacionalcatolicismo do Primeiro Franquismo” recibiu un Premio á Calidade Lingüística do Servizo de Normalización Lingüística da USC. Durante a realización do Máster foi beneficiaria dunha Beca de Colaboración, desenvolvendo no departamento de Historia da USC o proxecto titulado: “El rural gallego a través de la mirada de sus maestras (1940-1970)".
Actualmente é Investigadora Predoutoral do Campus Terra da USC no Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea da USC. Na súa tese aborda a utilización do manicomio na Galicia franquista como un espazo no que recluír a todas aquelas persoas relegadas á marxe na sociedade ditatorial pola súa ideoloxía, homosexualidade, comportamento, etc.
Dende setembro de 2022 é beneficiaria dunha Beca de Investigación da Deputación da Coruña para realizar o proxecto: “Unha ollada á represión franquista na provincia de A Coruña dende o manicomio de Conxo (1939-1959)”, parte fundamental da súa tese doutoral.