
Silvia Rosende González
Doutora en Historia Contemporánea
ORCID: 0000-0002-5436-3590
Silvia Rosende González (Londres, 1978), licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, 2002), ampliou a súa formación académica cun enfoque interdisciplinario: varios cursos en Socioloxía, Filosofía e Antropoloxía (Diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Granada, 2006), e Historia Contemporánea (Máster da USC, 2009). Ten colaborado profesionalmente en diversos proxectos de investigación: ordenación urbanística (2002- 03), sustentabilidade e participación social (2007- 08), e memoria histórica (2009). Tamén desempeñou funcións de xestión administrativa e dinamización social. Baixo a dirección do historiador Ramón Villares, defendeu recentemente a súa tese de doutoramento: De fidalgos a notábeis. Paradoxos entre a propiedade da terra e a representación política (2022). En todos os seus traballos está presente o mesmo obxecto último de estudio: o cambio social e histórico.