Ciclo de Conferencias: Pasados Incómodos: Guerra, Memoria e Historia 2018

O Grupo de Investigación HISTAGRA continúa co ciclo de conferencias Pasados Incómodos: Guerra, Memoria e Historia, no que participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.
O Grupo de Investigación HISTAGRA ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias.
Damos continuidade ao ciclo que comezamos en xaneiro de 2014. A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a m...