Nova publicación do investigador de HISTAGRA Miguel Cabo

Publicación dun membro do Grupo HISTAGRA no libro: Beramendi González, X. et al. (2017): Repensar Galicia. As Irmandades da Fala, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia / Museo do Pobo Galego.

Sobre o traballo:
Publicación das actas do simposio Repensando Galicia: as Irmandades da Fala (1916-1931), celebrado o pasado ano 2016 en Santiago de Compostela, con motivo do centenario das Irmandades da Fala, movemento cívico que supuxo un punto de inflexión na historia de Galicia e no desenvolvemento da súa afirmación como suxeito colectivo.

HISTAGRA na publicación:
O membro de HISTAGRA Miguel Cabo Villaverde colabora nesta publicación co traballo: "As Irmandades perante o agrarismo: expectativas e realidades", p. 235-249. 

Ligazóns de interese:
https://libraria.xunta.gal/es/repensar-galicia-as-irmandades-da-fala

Documentos