Novo Seminario de HISTAGRA: Cecilia Díaz-Mendez: Modelo alimentario

HISTAGRA organiza un novo Seminario de estudo no CISPAC: Transformacións e rupturas no modelo alimentario español O próximo xoves 23 de febreiro, o Grupo HISTAGRA en colaboración co CISPAC organiza o seminario Transformacións e rupturas no modelo alimentario español, que será relatado pola profesora da universidade de Oviedo, Cecilia Díaz-Mendez, socióloga e especialista en consumo e alimentación. Seguindo co programa de seminarios, o Grupo HISTAGRA aborda nesta ocasión a socioloxía do consumo e da alimentación da man dunha das principais especialistas no tema, a profesora da Universidade de Oviedo Cecilia Díaz-Mendez. Díaz-Mendez foi unha das artífices da Enquisa Nacional de Hábitos Alimentarios (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, 2013), aplican...