Novo Seminario de HISTAGRA: Cecilia Díaz-Mendez: Modelo alimentario

HISTAGRA organiza un novo Seminario de estudo no CISPAC: Transformacións e rupturas no modelo alimentario español

 

O próximo xoves 23 de febreiro, o Grupo HISTAGRA en colaboración co CISPAC organiza o seminario Transformacións e rupturas no modelo alimentario español, que será relatado pola profesora da universidade de Oviedo, Cecilia Díaz-Mendez, socióloga e especialista en consumo e alimentación.

 

Seguindo co programa de seminarios, o Grupo HISTAGRA aborda nesta ocasión a socioloxía do consumo e da alimentación da man dunha das principais especialistas no tema, a profesora da Universidade de Oviedo Cecilia Díaz-Mendez.

 

Díaz-Mendez foi unha das artífices da Enquisa  Nacional de Hábitos Alimentarios (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, 2013), aplicando os seus coñecementos a estudos sociais, como os de Alimentación en Tempos de Crise realizados para Cruz Vermella Española co apoio da Fundación Alimerka (2014) ou o informe de UNICEF Asturias en 2015.

 

Datos:

 

Data: 23/02/2023

Título:Transformaciones y rupturas en el modelo alimentario español

Relatora: Cecilia Díaz Mendez

Hora: 12 h       

Lugar: Seminario 103, CISPAC. Edificio Fontán

 

Conferencia transmitida por teams:

 

https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_ODZmZGQwYzQtMTgzNi00YzRiLWI5ZTktOWIyNmUyZGY2ODli%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%228f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b%22%2c%22Oid%22%3a%22defce005-c48c-45e5-8fae-5d17b95319bd%22%7d

 

Documentos