HISTAGRA participa no I Seminar Day do CISPAC

HISTAGRA participa no I Seminar Day do CISPAC coa presenza da investigadora Stefania Barca
 

O venres día 23 de setembro terá lugar a celebración do primeiro 'Seminar Day' organizado polo CISPAC no curso 2022-2023. Desenvolveranse no Seminario 103 do CISPAC (Edificio Fontán, CdC)

 

Nesta ocasión, o programa presenta dúas quendas:

 

 

 

  • 1ª ROLDA (09:30 - 11:00 h). Begoña Fernández Rodríguez e Juan Monterroso Montero: “A incómoda memoria do pasado:Paisaxesculturais, patrimoniose territorios”.

 

9:30 h  Juan M. Monterroso Montero

“Documentar a memoria. O NO-DO como fonte para o estudio do patrimonio cultural. O caso dos embalses durante o franquismo.”

 

9:45 h  Begoña Fernández Rodríguez

“Obras para un pasado incómodo. Infraestruturas, ideoloxía e novos patrimonios”

 

10:00 h  Carla Fernández Martínez

“Paisaxes devastadas e cidades rotas. Unha aproximación á iconografía sísmica.”

 

10:15 h Rosario Antón Acha

“Estudo do conxunto etnolóxico dos Valles Pasiegos Burgaleses. Situación actual e necesidades patrimoniais"

 

 

A segunda sesión está organizada pola investigadora de HISTAGRA, Stefania Barca, co seguinte programa:

 

 

  • 2ª ROLDA (12:00 - 13:30 h). Stefania Barca:“Xénero e transición ecolóxica. Aportes desde a ecoloxía política feminista”
     

12:00 h Stefania Barca  e Bibiana Martínez

“Economía, ecoloxía e feminismo: unha revisión  de literatura”

 

12:15 h  Aline Simões

“As pescadoras artesanais do Brasil no contexto da crise ecolóxica”

 

12:30 h Eleanora Gea Piccardi

“Saberes ancestrais para a transición socioecolóxica: a Jineoloji (ciencia das mulleres e da vida) entre Rojava e Europa”

 

 

Prégase confirmación de asistencia respondendo en: cispac.xestion@usc.es

 

 

Documentos