HISTAGRA na Exposición de Nicolás Combarro. Apuntes del subsuelo. Múnic

HISTAGRA forma parte do Ciclo de Conferencias ao redor da exposición Apuntes del subsuelo, de Nicolás Combarro

 

HISTAGRA está presente, a través do investigador Lourenzo Fernández Prieto, nas conferencias que se organizan no NS-Dokumentationszentrum München, en colaboración co MaximiliansForum  e a Embaixada de España en Alemaña.

 A conferencia que ofrece Fernández Prieto, céntrase na importancia dos espazos de memoria na historia, en concreto a Illa de San Simón e o seu contexto, e comparte debate con Sabine Schalm, cuxa tese versou sobre Dachau, o contexto do campo e o dos subcampos relacionados.

 

En palabras de Fernández Prieto, "Gustaríame centrar San Simon e os seus tempos e os seus numeros; o seu contexto concentracionario e as prácticas xenocidas asociadas, propias daquel tempo europeo, para explicar o triunfo e persistencia do relato dos golpistas-verdugos en España, ata o de agora, a precocidade de practicas xenocidas dos golpistas españois do 36 e as visicitudes da Ditadura para ir mudando os relatos: Vitoria do 39; camuflaxe con Cruzada do 45; Diferenza española do 64 para asumir no 75 a idea de guerra entre irmáns reconciliables".

 

O proxecto céntrase na relación entre arquitectura e memoria histórica. En MaximiliansForum presentanse as últimas e inéditas investigacións de Nicolás Combarro  sobre a arquitectura erixida ou reutilizada con fins represivos durante a ditadura de Franco en España. Esta exposición fai parte así do proceso de traballo que Combarro está a desenvolver en colaboración con outros artistas e investigadores co obxectivo de revelar a información contida nos vestixios arquitectónicos da represión e recuperar a memoria histórica que albergan. As obras audiovisuais e instalacións de Combarro dialogan na mostra co último traballo fílmico de Miguel Ángel Delgado e conectan coa cidade de Múnic a través da realización de parte da instalación en colaboración cos alumnos do Prof. Hermann Pitz da Akademie der Bildenden Kunst München.