HISTAGRA NA XORNADA A CONSTRUCIÓN SOCIAL DUN DESENVOLVEMENTO RURAL INTEGRAL: PERSPECTIVAS, REPRESENTACIÓNS, DIÁLOGOS E XÉNERO

XORNADAS: A CONSTRUCIÓN SOCIAL DUN DESENVOLVEMENTO RURAL INTEGRAL: PERSPECTIVAS, REPRESENTACIÓNS, DIÁLOGOS E XÉNERO

 

O grupo HISTAGRA participará os próximos 2 e 3 de setembro de 2021 nas xornada A CONSTRUCIÓN SOCIAL DUNDESENVOLVEMENTO RURAL INTEGRAL:PERSPECTIVAS, REPRESENTACIÓNS,DIÁLOGOS E XÉNERO, que se celebrará no Lugar das Marías. A Rigueira (Xove).

 

A investigadora do Grupo Ana Cabana Iglesia, é unha das coordinadoras da xornada, amais de realizar un relatorio ao redor do tema, "Na encrucillada das ruraliades e o xénero: Os comúns o traballo" e outro sobre "As memorias dos rurais: tecer etnografías para o desenvolvemento".

 

Así mesmo, o membro do Grupo, e especialista no rural e os comúns, Francisco G. Quiroga, levará a cabo o relatorio, "Ruralidades en clave contrahexemónica".

 

Datos:

 

Data: 2-3 de setembro de 2021

Lugar: Lugar das Marías. A Rigueira (Xove)

 

Documentos