Presentación Proxecto Lugares da Memoria Democrática do Barbanza

Rolda de prensa: Presentación Proxecto Lugares da Memoria Democrática do Barbanza

 

O luns, 28 de setembro, ás 11:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Rianxo tivo lugar a  rolda de prensa onde se presentou o proxecto: 

 

 

Investigación, sinalización e proposta de intervención sobre os lugares de memoria do Golpe de 1936, a ditadura franquista e a resistencia nos concellos de Rianxo e Pobra do Caramiñal.

 


Este proxecto é froito da colaboración entre a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e o Grupo HISTAGRA da USC, mediante un convenio de investigación do que é responsable científico o investigador RyC Antonio Miguez Macho, e do que forman parte vari@s investigador@s de HISTAGRA.

 

Con esta investigación, daremos a coñecer aqueles espazos esquecidos, condenados ou non ao anonimato que conteñen un significado histórico relacionado coas prácticas de violencia e persecución asociadas ao golpe de Estado de 1936, ás políticas da Ditadura franquista ou á Resistencia ao golpe e á Ditadura.

 

Atendendo ás investigacións e procesos que se levaron a cabo noutros casos semellantes, en lugares do Estado, Europa e en distintos países do mundo, seguindo as recomendacións que desde a ONU e a UE se realizaron a través de sucesivos informes e recomendacións ás autoridades españolas.

 

Neste primeiro informe levaremos a cabo unha investigación piloto en Rianxo e na Pobra do Caramiñal para definir un procedemento e un protocolo para acordar esas intervencións no marco das políticas públicas de memoria: sinalizar, resignificar, musealizar ou deixar no anonimato? Non existe un modelo único, pero si experiencias diversas que se poden tomar como elementos de aprendizaxe.

 

A intención tanto da Comisión como de HISTAGRA é realizar esta investigación para a comarca, a provincia e Galicia.

 

 

Asistirona este acto os membros do equipo Antonio Miguez Macho, Conchi López Sánchez e Rafael García Ferreira, así como a directiva da Comisión da Memoria Histórica da Barbanza e os alcaldes de Rianxo e a Pobra do Caramiñal

Documentos