Conversa Agro-Biodiversidade e Agriculturas Na Península Ibérica (s. XVIII- XX) con Dulce Freire

As sementes son elementos fundamentais do sistema agrario, son cápsulas de vida das que agroman un sin fin de relacións. Atender cales son as variedades de sementes empregadas sérvenos para explicar a evolución e cambios da acción humana en relación coa natureza.

Coa investigadora Dulce Freire https://www.ics.ulisboa.pt/pessoa/dulce-freire, research fellow do Instituto de Ciências Sociais – Universidade de Lisboa (Instituto de Ciencias Sociais – Universidade de Lisboa) conversaremos ao redor dos cambios na agricultura relacionado coas sementes cultivadas, o medio ambiente a a acción humana dende 1750 ata 1950. Nesta sesión presentaranse os primeiros resultados do projecto ReSEED – Rescuing seed´ heritage: engaging in a new framework of agriculture and innovation since the 18th century, financiado pelo European Research Council. A partir dunha abordaxe transdisciplinar, analizaranse as mudanzas nas agriculturas ibéricas decorrentes da diseminación das sementes cultivadas traidas dos novos mundos desde o século XV.

Entre a producción teórica de Dulce Freire cómpre destacar Fotografias como “lugares de memória” portáteis: identidades, discursos e significados da agricultura em Portugal, ou La Patria Muere! Salvad la Patria!: De la Teoría a la Práctica en la Nueva Agricultura (Portugal años 1930-1970), neste link podese atopar máis info da súa producción teórica https://www.ics.ulisboa.pt/pessoa/dulce-freire

A Conversa que terá lugar o 7 de maio ás 12:00 na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela está aberta á participación e será moderada polo profesor e investigador Daniel Lanero, que forma parte do grupo HISTAGRA