Presentacion libro: Luisa Cuesta Gutiérrez: primeira profesora da Universidade de Santiago de Compostela

Presentación libro: Luisa Cuesta Gutiérrez: primeira profesora da Universidade de Santiago de Compostela

 

O próximo luns día 3 de novembro terá lugar a presentación da última publicación da investigadora de HISTAGRA-CISPAC Ana Cabana Igleisa e da colaboradora do Grupo e antiga doutoranda, Aldara Cidrás Fuentes, que leva por título: Luisa Cuesta Gutiérrez: primeira profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Trátase dun traballo sobre a figura de Luisa Cuesta, unha muller cuxo paso pola universidade estimulou outras a matriculárense, facéndoo incluso en determinadas carreiras consideradas «impropias do seu xénero», e a non concibiren xa a docencia universitaria como un insuperable teito de cristal. A figura e a dimensión de Luisa Cuesta interesan non só por ser ela mesma unha pioneira, senón tamén porque o seu periplo vital e profesional permite achegármonos a todo un ecosistema feminino constituído por mulleres que, no mesmo período ca ela, accederon e completaron estudos universitarios ou conseguiron integrarse en nichos laborais onde non tiñan presenza.

 

A presentación, que sera ás 11.00 h, no Salón de Graos da Facultade de Dereito, contará coa presenza amais das autoras, de Juan Luis Blanco Valdés, director de Edicións USC, Ana Mª Gude Fernández, decana da Facultade de
Dereito e pechará o acto o reitor da USC Antonio López Díaz.

 

Datos:

 

Presentacion libro: Luisa Cuesta Gutiérrez: primeira profesora da Universidade de Santiago de Compostela

Data: 3 de novembro de 2025

Hora: 11:00.

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Dereito