Presentación do libro "Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar" Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia
 
            Presentación do libro "Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar" Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia
O próximo martes día 4 de novembro ás 12:30 da maña terá lugar a presentación da publicación: "Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar" Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia" do que son autores os membros de HISTAGRA Daniel Lanero Táboas e Xurxo Antelo Alvite.
Este libro quere ser unha contribución ao coñecemento da vivenda social, na súa modalidade destinada ao colectivo profesional dos mariñeiros, durante o franquismo. Pero, nos seus obxectivos, a investigación pretendeu ir moito máis alá tomando a cuestión da vivenda como fío condutor. Nun sentido máis amplo, o noso propósito foi recuperar e poñer en valor a memoria laboral, social e política dos mariñeiros, das súas familias e das súas comunidades a través da reconstrución das súas historias de vida. De aí a atención que prestamos a asuntos como as experiencias laborais dos homes e as mulleres do sector pesqueiro, as súas prácticas e lugares de sociabilidade ou a dimensión comunitaria da vida cotiá.
Datos:
Presentación do libro "Más vale fortuna en tierra que bonanza en la mar" Franquismo y vivienda social para pescadores en Galicia, Ediciones Trea, Gijón, 2025.
Lugar: Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia
Data: Martes 4 de novembro
Hora: 12:30.
Intervirán:
Xurxo Antelo Alvite e Daniel Lanero Táboas (autores do libro e membros de HISTAGRA).
Antonio Míguez Macho (decano da Facultade de Xeografía e Historia).
Pilar Murias Fernández (vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC).