O Laboratorio Ecosocial do Barbanza ven de ser recoñecido como “proxecto emblemático” polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza ven de ser recoñecido como “proxecto emblemático” polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

 

Este xoves tivo lugar no Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid o acto de presentación de resultados do Plan de Recuperación Transformación y Resiliencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Ao final do mesmo, entregáronse os recoñecementos aos proxectos seleccionados, entre os que se atopa o laboratorio Ecosocial do Barbanza do que é partícipe o Grupo HISTAGRA-CISPAC

 

Tal como se recolle na concesión, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un "proxecto emblemático e destaca polo seu carácter innovador, o seu impacto e efecto multiplicador  e o seu enfoque integral.
Este recoñecemento pon de relevo a súa capacidade para traducir os obxectivos do Plan en iniciativas transformadoras que impulsan a transición ecolóxica, xerando valor público e fortalecendo o tecido institucional e social."

 

 

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é unha iniciativa da Fundación RIA e do grupo de investigación Histagra da USC, que naceu en 2020 co obxectivo de promover unha reactivación sostible do territorio a partir do coñecemento das comunidades locais.

 

Ao longo destes catro anos, o proxecto foi medrando en rede, incorporando axentes do territorio: comunidades de montes, universidades, administracións e outras entidades do terceiro sector.

Froito deste esforzo colectivo, a comenzos de 2024 o proxecto recibiu un impulso de 2 millóns de euros de fondos europeos grazas ás axudas para o fomento da bioeconomía forestal da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).

 

 O proxecto está integrado por: Fundación RIA (coordinación) Plataforma pola Defensa do Monte, a Universidade de Santiago de Compostela —a través do CISPAC e os grupos de investigación Histagra e Uxafores—, a Universidad Pablo de Olavide, o concello de Rianxo e a Fundación Montescola.

 

Máis información:

 

https://barbanzaecosocial.org/gl/o-proxecto/