Exposición e defensa oral para provisión dunha praza de profesora titular: Stefania Barca

Exposición e defensa oral para provisión dunha praza de profesora titular, á que concorre como candidata a investigadora de HISTAGRA-CISPAC Stefania Barca

 

Hoxe luns dia 21 de xullo ten lugar a exposición e defensa oral para provisión dunha praza de profesora titular, á que concorre como candidata a investigadora de HISTAGRA-CISPAC Stefania Barca. Trátase da primeira consolidación como Profesora Titular dunha Beatriz Galindo na USC.

 

Stefania Barca é profesora titular acreditada en Historia Contemporánea, e Investigadora Distinguida “Beatriz Galindo” sénior do departamento de Historia da USC. Orixinaria de Italia, onde foi profesora asociada en Historia Moderna (2014) e en Historia Económica (2013). Entre 2009 e 2021 traballou como investigadora senior no Centro de Estudos Sociais (CES) da Universidade de Coimbra. (Portugal), onde desempeñou diversos cargos de liderado investigador e supervisou investigacións de doutoramento e posdoutoral. Anteriormente, foi investigadora visitante no Programa de Estudos Agrarios da Universidade de Yale (2005-06), e recibiu bolsas sabáticas nas Universidades de Berkeley (2006-08) e Lund (2015-16); máis recentemente, foi a cuarta profesora “Zennstrom” en Liderado do Cambio Climático na Universidade de Uppsala (2021).
 

É activa en redes feministas, de xustiza climática e de decrecemento, e o seu traballo foi traducido e difundido en varios idiomas.

 

Máis información e CV profesional:

 

https://histagra.usc.es/gl/persoas/59/stefania-barca