HISTAGRA nas Xornadas "O territorio de Galicia. Presente e futuro"

HISTAGRA participa nas xornadas organizadas polo COAG "O territorio de Galicia. presente e futuro"

 

Os días 30 e 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro en Lugo, o COAG organiza as xornadas "O territorio de Galicia. presente e futuro". Nelas participan @s investigador@s de HISTAGRA Ana Cabana Iglesia e Ramón Villares Paz.

 

Maña martes día 30 de xaneiro ás 19:30  h. Ana Cabana impartira a conferencia: A terra é nosa: conflictividade rural no franquismo e na transición. Unha mirada con perspectiva de xénero"

 

O dia 2 de febreiro ás 16:30 Ramón Villares impartirá a conferencia: Os usos do solo en Galicia. Unha perspectiva histórica

 

As xornadas están divididas en dous bloques diferenciados. O primeiro, formulado desde a óptica técnica e científica da ordenación do territorio con conferenciantes procedentes do ámbito académico e de distintas especialidades para que acheguen a información desde unha perspectiva xeográfica, sociolóxica, económica, histórica ou ecolóxica que “permita entender a situación actual do territorio e as claves para a súa ordenación”. O segundo bloque porá o foco na compoñente exclusivamente política da ordenación do territorio, onde as distintas opcións políticas con representación parlamentaria exporán cal é o seu proxecto e visión do territorio para Galicia, desde o presente ata un horizonte de vinte ou trinta anos.

 

Estas xornadas estarán dispoñibles en streaming no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=FFFpq2zQPiw&ab_channel=DirectosCOAG