Silvia Rosende González

Silvia Rosende González

IFP

Silvia Rosende González (Londres, 1978). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (2002), ampliou a súa formación cun enfoque interdisciplinario: varios cursos en Socioloxía, Filosofía e Antropoloxía (Máster, 2006) e Historia Contemporánea (Máster, 2009). Profesionalmente, colaborou en estudos de planeamento urbanístico, sustentabilidade e participación social (2001- 2003, 2007- 2008); memoria histórica (2009). Tamén desempeñou funcións de xestión administrativa e dinamización social no eido municipal. Na actualidade, redacta unha tese sobre a fidalguía galega no XIX, baixo a dirección de Ramón Villares.  Sempre perseguiu o mesmo obxecto último de estudo: o cambio social e histórico.