Regicides in the Mass Era: Killing the Past and Rethinking the Authority in the Iberian Peninsula, 1906–1908
Barral Martínez, M. (2026). "Regicides in the Mass Era: Killing the Past and Rethinking the Authority in the Iberian Peninsula, 1906–1908", en San Narciso, D., Corrêa da Silva, I. (eds) Monarchical Encounters and Clashes in the Iberian-American Long Nineteenth Century. Palgrave Studies in Modern Monarchy. Palgrave Macmillan, Cham
Neste capítulo compáranse os atentados contra Alfonso XII de España (1906) e Carlos I de Portugal (1908). Estas dúas monarquías compartían vínculos familiares e similitudes nos ámbitos político, económico, social e relixioso. Con todo, tamén atravesaban unha grave crise política e social. En España, a perda das súas colonias en 1898 e o auxe do anarquismo provocaron unha inestabilidade política e unha tensión social persistentes. No caso de Portugal, o estado de axitación fora case xeneralizado desde o ultimato británico (1890) e o posterior Tratado de Windsor (1899). Analizo o recurso ao regicidio por parte de anarquistas e republicanos, o cuestionamiento da autoridade tradicional que iso conlevaba e as reaccións que xeraron na prensa sobre a lexitimidade da monarquía.