Prólogo. Un século de nacións. A continuidade de Galeusca

Fernández Prieto, L. (2026): "Prólogo. Un século de nacións. A continuidade de Galeusca", en Sanfiz Arias, R. e Fernández Prieto, L. (eds.): Un século de nacións. Galicia, Euskadi e Catalunya, Gijón, Trea, p. 11-12

Despois de vinte cinco anos parece doado afirmar que o século non trouxo nin a fin da historia nin a fin dos conflitos nacionais. A perda da hexemonía política dos Estados Unidos compensada aparentemente pola reelección de Trump e a súas guerras arancelarias e leis para recuperar a grandeza; o Brexit e as súas secuelas na perda de poder da Unión Europea, da propia Gran Bretaña e dos valores da Eu- ropa das liberdades e os dereitos; as sucesivas crises migratorias e o seu uso como instrumento de combate político da extrema dereita; a guerra en Ucraína que non cesa; a diminución no valor do traballo e o xenocidio en Gaza á vista diaria do mundo