Un Cara al sol, unha peseta

Jorge Pereira, N. (2022): “Un Cara al sol, unha peseta”, en Desmontando a propaganda franquista, Pontevedra, Dep. de Pontevedra, p. 371-386.

As imaxes, que tiñan por si mesmas un grande valor histórico e son unha ferramenta perfecta para coñecer máis polo miúdo o funcionamento da ditadura nesa etapa tan pouco estudada, precisaban de maneira imprescindible un exercicio de contextualización para non perpetuar a mensaxe propagandística que o réxime buscaba con elas.