Diario da guerra. Limiar

Fernández Prieto, L. (2023): "Limiar", en Diario da Guerra. Francisco Fernández del Riego, Vigo, Galaxia, p. 3-94

O texto mecanografado deste diario descansaba esquecido entre os papeis de don Paco, nos arquivos da Fundación Penzol. Non é só un “diario da guerra”, non é só a memoria do soldado Fernández del Riego, porque se miramos por baixo da tona e lemos ao xeito do tempo en que foi escrito, chegaremos ao que quixo dicir, ao que tivo que vivir, ao que tivo que calar, máis alá do esquecemento.