Os tempos son chegados: a xestación da autonomía galega

Villares Paz, R. (2022): "Os tempos son chegados: a xestación da autonomía galega", Villares Paz. R.  (Coord.), Os tempos son chegados. Un balance da Galicia autonómica. 1981-2021, Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia, p. 28-48

Os precedentes próximos e algo máis recuados no tempo da chegada de Galicia ao seu autogoberno están analizados, de modo máis sintético, nestas páxinas introdutorias, ás que seguen unha extensa nómina de colaboracións que se ocupan do que aconteceu despois da posta en marcha das institu- cións autonómicas. A modo de conclusión, creo que se pode facer un balance dos adiantos e recuadas que tivo o proceso autonómico durante diferentes estaxes do pasado século. En efecto, pasaron corenta anos da aprobación do actual Estatuto e máis de oitenta do plebiscito estatutario de 1936. Un tempo suficiente para ollar en perspectiva ambos os procesos e subliñar os seus puntos en común e tamén algunha das diferenzas de contexto histórico e político no que delambos xurdiron. Resulta evidente que o nivel competencial e, sobre todo, a vía de acceso máis rápida que caracteriza o actual Estatuto galego no marco autonómico español están relacionados co precedente do plebiscito de 1936 e coa defensa que del fixeron os galeguistas do exilio, basicamente a través do Consello de Galiza.