Os tempos son chegados. Un balance da Galicia autonómica. 1981-2021

Villares Paz. R.  (Coord.) (2022): Os tempos son chegados. Un balance da Galicia autonómica. 1981-2021, Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia

A conquista do autogoberno de Galicia é un proceso que ten moitos valedores históricos pero que, en esencia, foi obra dun tempo moi concreto: a transición á democracia política, que supuxo a superación dunha longa ditadura, a homologación co modelo político da Europa occidental e unha nova organización territorial en España, na que as autonomías foron a expresión concreta desa demanda de autogoberno. Afrontar aquel proceso tivo moitos fitos e actores pero en ningún caso se podería dicir que fose simple.